CB Arxil, paixón polas cores.O club pontevedrés pecha unha notable temporada

O club pontevedrés pecha unha notable temporada na que só lle faltou o salto de categoría co Bon Pollo infantil A entidade conta con máis de 200 deportistas entre tódolos seus equipos.

Punto e aparte. O Club Baloncesto Arxil pon fin á temporada 2021-22, unha campaña na que conseguíu a meirande parte dos obxectivos deportivos marcados, tanto a nivel formativo canto a nivel de resultados.

O primeiro equipo verde estivo a piques de acadar o ascenso a Liga Challenge. Só unha dura fase final o apartou desa meta. Salvou a categoría en Primeira Nacional co Arxil Mafari, seguirá no máximo nivel tanto na categoría xúnior como na cadete e loitou ata o remate polo ascenso co conxunto infantil. A derrota da fin de semana pasada impediulle estar na final polo ascenso á Liga Galega.

Fiel ao seu estilo e comandado por unha xunta directiva e un equipo técnico xa enraizado na cidade, o CB Arxil segue a traballar con mesma paixón do comezo na faceta formativa.

Máis de 200 deportistas converten ao club nun dos máis poderosos de Galicia dentro do panorama do baloncesto feminino autonómico. A entidade foi pioneira nesa faceta para permitir a centos de nenas de toda a cidade realizar deporte de maneira organizada e federada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *